terça-feira, 20 de julho de 2010

Comeza a andaina

Moi boas a todos! Hoxe comezo a miña andaina polo mundo do blog logo de moito tempo coa idea en mente. "Lástima de bois" será o meu pequeno recuncho na rede. A modo de presentación dicir que aquí será onde publique reflexións persoais acerca de cuestións actuais, e non tan actuais, e onde intentarei dar voz a todos eses colectivos sociais e acontecementos que salpican a realidade do país e do mundo e que non teñen espazo nas axendas dos mass media. Tratarei de axudar a tomar conciencia da situación que viven moitos deses "bois" que cargan do carro máis do que deberan mentres outros apañan os froitos do seu traballo.

En resumo, farei deste blog unha ferramenta alternativa coa que realizar unha análise crítica do mundo dende unha perspectiva nacionalista e de esquerdas.